configura o teu equipo
configura o teu smartphone
na nosa web guiasmobilR.mundo-r.com podes buscar os móbiles que tivemos en R e consultar todo o que precises. Por exemplo:
- os primeiros pasos
- configurar o whatsapp
- configurar a túa conta de correo
- copiar os contactos do teu móbil antigo
- copiar as fotos do teu anterior móbil
tamén che explicamos:
- como activar ou desactivar o buzón
- consultar as túas mensaxes
- cambiar o PIN
- compartir a túa conexión de internet
configura o teu módem USB
- conecta o módem ao porto USB do teu ordenador:
- automáticamente aparecerá na pantalla o asistente de instalación.
- segue todos os pasos que che indique.
- unha vez terminada a instalación, verás no teu escritorio o icono da aplicación do teu módem USB. Pincha sobre el.
- aparecerache o perfil internet R seleccionado. Pulsa no botón “Conectar” e xa poderás navegar.
dispós de máis información de como utilizar o teu módem USB no manual da nosa web de descargas
configura o teu mifi
- introduce a tarxeta SIM que che enviamos no mifi.
- conecta o equipo que queiras utilizar (ordenador, portátil, tableta…) á rede wifi do mifi e xa poderás navegar:
- para poder conectarte a esa rede wifi, é imprescindible que o ordenador, portátil ou tableta teña unha tarxeta wifi.
- é recomendable que desactives o PIN da tarxeta, para que poidas conectarte de forma máis sinxela. Para iso, unha vez conectado á rede wifi, accede a http://192.168.1.1 (contrasinal admin) e desactiva o PIN.
dispós de máis información de como usar o teu mifi no manual da nosa web de descargas.